A nosa historia
O Peixeiro é tradición, é familia e é saber facer.
O que comezou como algo pasaxeiro, como a ilusión de sacar adiante esta herdanza familiar, converteuse pouco a pouco no meu proxecto de vida.
Enfronteime a este reto sen coñecemento previo, xa que nada tiña que ver coa miña carreira de Empresariais, pero sempre tiven moi claro cal era o obxectivo: crear un resturante referente na zona que destacase pola calidade do seu produto.
O Peixeiro é o froito dun duro traballo de moitos anos e dunha constante aprendizaxe, o froito de saber arrodearse dun bo equipo de saber aconsellarse, o froito dun soño e unha homenaxe.
Porque isto non sería posible, sen dúbida ningunha, sen seguir o legado e o exemplo de meu pai, unha persoa admirable que me guía neste camiño.
Benvidos ao Peixeiro!



